top of page

"J, K, W e Y":   UNHA ESCOLMA DE  DESPROÓSITOS            (Maxia con prebe de lingua)

Un espectáculo con mollo de antoloxía da actualidade lingüística: máxico e poético, unha desfeita etnográfica, unha escolla de ilusionismo, humor, participación e un abandono total da nosa historia.

UNHA LARETADA DE ABRAIOS

Unha tarde ben xeitosa cun ilusionista da morea,...do montón, mais, do montón bo, para achegarnos unhas maxias recentemente sacadas da faldriqueira.

 

Unha algueirada harmónica, para crear un chamamento ao trouleo.

IGUALDADE:  ¿EXISTES?

A nosE heroínE, “DesesperanzE”, nace nesta era tecnolóxica.

A través da maxia e cravando espadas herdadas de xeracións anteriores, ten claro seus obxectivos,...de feito seguen sendo os mesmos que no século pasado, porque lonxe de construír igualdade, perdeuse moita da existente.

Maxia e humor para procurar unha igualdade real e xenuína, nun espectáculo ateigado de ilusións e participación da concorrencia.

TRASNADAS REVOLUCIONARIAS

Benvid@s a unha  malleira de enredos para a celebración desta esmorga de sorpresas, que precisan do comportamento excéntrico e coordinado de toda a concorrencia, para imprimir unha doce revolución da actualidade.

As AVENTURAS de 1 CÉLULA CHAMADA a TRIUNFAR

Historia, case real, dunha célula amiga....mais, non unha célula calquera: ¡unha que saíu do mar, foi de mudanza e triunfou!.

Membranas celulares, citoplasma e un feixe de gargalladas cun espectáculo para todo tipo de organismos:  tanto eucariotas como procariotas.

2 iLUSIONISTAS  CUNHAS MAXIAS SUBVERSIVAS

Un par de ilusionistas, con moito aquel, achegan unha escolma de actos desaxeitados con mollo de risadas.

Unha peza escénica, asimétrica e inadaptada para estes tempos, xunto de risadas e diversións anómalas, nunha nova antoloxía para limpar a ferruxe na articulación mandibular.

AS NOSAS ANCESTRAS ANÓXANSE: ¿QUE ACONTECE COA NOSA LINGUA?  

As deusas e matriarcas da nosa terra, dende o máis alá, ollan e anóxanse ao ver o que os humanos fixeron coa súa lingua. A Maga Fani, recibe delas unha importante información encriptada: que espalle un espectáculo de ilusionismo cun propósito de estima e consideración pola nosa cultura”.

CALDEIRADA de LINGUA     (Maxia con prebe de lingua)

Espectáculo de ilusionismo-lingüístico, humor e participación do público,      fervido   a lume lento. Unha caldeirada máxica, na que esmorecerán os escuros agoiros para a nosa lingua, coa invocación do: “Conxuro da Caldeirada”.

 

Amais, contaremos coa axuda dos nosos alcumes e unha manchea de ingredientes para saborear unha cultura propia cunha lingua de seu.

MAXIA pola IGUALDADE

A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.

Coma a todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.

 

A "Igualdade" creará fantasías cá louza da cociña, vasoiras, roupas, nivelará o soldo para todas as persoas e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

MAXIAS e LATRICADAS VARIAS       (Maxia con prebe de lingua)

“Maxias e Latricadas Varias” é un espectáculo sobrenatural, cómico e lingüístico para pór en valor a nosa lingua, inspirado e influído nunha nova ollada dun dos actos máis imaxinativos e fantásticos da nosa cultura: o telexornal da T.V.G.

 

ASOMBROS de RÚA

Un camión escenario "aparecerá" na praza da vila, e tanto el coma 200       cadeiras completarán o espazo escénico ao aire libre.

 

Un teatro móbil, con toda a produción técnica, cheo de asombros, ilusións, humor, participación do público etc., dará forma e esculpirá estes   asombros  de rúa...baixo as estrelas.

 

MAXIA para EMPRESAS

Conseguir que o seu produto sexa lembrado pola súa clientela é todo un

éxito de venta..

 

A maxia como forma publicitaria consegue enviar unha mensaxe ao longo

de moitos minutos ás mentes d@s espectador@s. Un recordo orixinal e        máxico do seu produto é un pretexto para estimular o interese comercial          pola súa empresa.

MAXIA de PRETO:  "Non  pode ser"

Maxia para grupos reducidos de xente, con elementos coma: naipes, moedas, billetes, gomas, dados etc.

 

 

A arte do imposible a moi pouca distancia. Diversos galardóns a nivel nacional, acreditan deste espectáculo: pequeno en tamaño pero grande en emoción.

MUSEOS: VISITAS MÁXICAS

As visitas máxicas guiadas transforman unha típica visita, nunha experiencia atractiva, concedéndolle un compoñente máxico e didáctico para sorprender.

 

Grazas ó/á guía-mag@, @s asistent@s percorrerán o camiño deseñado, atopándose con sorpresas nas salas, no vestíbulo, no mobiliario, na exposición etc.

 

FÓRA  DE CARTAZ

TRANSFORMANDO O PRESENTE

Maxia, música, efectos sonoros e emocións visuais para alterar a actualidade.

 

Cordas, cadernos, asentos que cobran vida, sorpresas a dúo, humor,   participación do público...e un baixo eléctrico, proxectan situacións fóra do común en Clave Fantástica.

CORCHEAS, SEMIFUSAS e ILUSIÓNS

                            UNHA OBRA MÁXICA e MUSICAL

Unha obra máxica, musical e teatral composta en "clave de fa": fabulosa, fascinante e fantástica.

 

Ilusións sonoras cás partituras, os micrófonos ou as cordas da guitarra. Espectáculo para escoitar, ver e asombrarse, con Álvaro Muras,

Julio Cuns, Bruno Couceiro, Maga Fani  e Martín Camiña.

A OUTRA REALIDADE

              UN PERCORRIDO MÁXICO A TRAVÉS DA CIENCIA

Unha produción a través da ciencia, da historia e do humor, grazas ao          Laboratorio Itinerante da Outra Realidade.

 

Mag@s que pensaron en imposibles, coma Leonardo Da Vinci, Marie Curie, Arquímedes etc., estarán presentes no espectáculo....xunto de Xoque Carbajal, Marta Quintana, Maga Fani  e Martín Camiña.

© 2026   Maga Fani  -  Martín Camiña   

AVISO LEGAL

bottom of page