Martín Camiña ILUSIONISTA
Premio Nacional de Maxia - Donostia
Premio Congreso Almussafes - València
Premio Asoc. Portuguesa de Ilusionismo - Algarve
DIRECCIÓN MÁXICA " I N V E N T I O "
A Maga Fani
CALDEIRADA de LINGUA
Espectáculo de ilusionismo-lingüístico, humor e participación do público, fervido a lume lento.
Unha caldeirada máxica, na que esmorecerán os escuros agoiros para a nosa lingua, coa invocación do: “Conxuro da Caldeirada”.
Amais, contaremos coa axuda dos nosos heroes e heroínas:
Manolo “O Carrapicho”, María “A Caladiña”, Pepe ”da Ponte”, Brais, o neto de
Xan “O Caghaestacas”,...tamén estarán “O Pallasentea”, “O Bocaaberta”, “A da
Rata” etc.
Toda esta manchea de ingredientes cocerá un espectáculo máxico-lingüístico, que pretende recuperar a memoria do que somos coa forza da nosa terra, para estarmos garbos@s e led@s de saber que temos a capacidade de comunicarnos e empatizar con máis de 260 millóns de persoas en todo o mundo, grazas ó tesouro dos tesouros:
saborear unha cultura propia cunha lingua de seu.
ILUSIONISTA GUIÓN
Martín Camiña A Maga Fani e Martín Camiña
DIRECCIÓN COBERTURA TÉCNICA
A Maga Fani Escóitame Producións
DESEÑO ILUMINACIÓN TÉCNICO ILUMINACIÓN
Ángel Modia Chiqui
TÉCNICA DE SON VESTIARIO
Isa Producións Herméticas
IR A ESPECTÁCULOS
IR A INICIO
A Maga Fani
Martín Camiña