top of page

"LINGUADO"   PAÍS         (Maxia con prebe de lingua)

Un espectáculo máxico-lingüístico para lembrarlle ó google que aquí non sabemos onde están: Arteijo, Mugía, Rianjo nin Sangenjo.


Un espectáculo cheo de sorpresas, participación do público, e tamén cheo de: axóuxeres, lixivias, bolboretas, beizos, garabatas, gravatas, cóxegas, meigallos, folerpas...en resumo, un espectáculo máis abraiante que escoitar galego no centro da Coruña.

MELODÍAS con SORPRESA

Enchente ao vivo de efectos sonoros, maxia, humor e participación da concorrencia.

 

Unha melodía de ilusións nun concerto para sorprender.

IGUALDADE, ONDE ESTÁS?

Novo espectáculo da Maga Fani en defensa da igualdade a través da maxia.

A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza...“Esperanza Marzal”.

Espectáculo cheo de ilusións, moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando non ámbitos da educación e a cultura.

NOVAS AVENTURAS FANTÁSTICAS

Espectáculo de maxia, humor e participación do público, que percorre todo o espectro óptico dos procesos imaxinativos.

 

A través dos sentidos viaxaremos nun espectáculo con sorpresas apoiadas en todo tipo de trebellos, adobado cun guión cargado de intres inesperados e imprevisíbeis.

DISTRACCIÓNS a ESTREAR

Un petisco de maxia, humor, participación...e tamén, unha morea de distraccións, realizadas por un ilusionista da morea..do montón, mais, do montón bó

 

“Distraccións a estrear” afirma cumprir o 50% do que prometa e tamén devolver as esculturas a súa lugar de orixe: as rotondas.

FALO porque me PETA      (Maxia con prebe de lingua)

Atopámonos no ano 110 d.CE. (despois de Celso Emilio) ou ano 2022 nalgunhas civilizacións.

Unha viaxe escénica, máxica e lingüística percorre cada recanto do país, amosando a marabilla de posuír un “Monte Pindo” de fala propia, nun espectáculo de ilusionismo máis sorprendente que atopar un programa cultural na televisión.

MAXIA pola IGUALDADE

A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.

Coma a todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.

 

A "Igualdade" creará fantasías cá louza da cociña, vasoiras, roupas, nivelará o soldo para todas as persoas e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.

2  ILUSIONISTAS XENUÍN@S

A Maga Fani e Martín Camiña conducirán unha romaría de ilusións surrealistas e sorprendentes para non deixar de escaravellar a testa, sachar na caluga ou apiñar nova información no hipocampo.                                                                                         

Asemade, sementarán os alicerces da grande pregunta da humanidade:

é posíbel atopar un programa cultural na televisión?

"ERIC PLANCTO" QUIXO SER GAITEIRO        (Maxia con prebe de lingua)

Cando “Eric Plancto” resolve ser gaiteiro e falar coa fala de quen toca a gaita, sorpréndese das situacións a superar para acadala.
Porén, empeza unha viaxe de coñecemento, pescudando a verdadeira    identidade da nosa terra.
Espectáculo de maxia, humor, defenda das nosas tradicións, música de gaita       ao vivo en diferentes intres e participación do público.


En resumo, un espectáculo para estarmos fachendos@s do que somos.

@s APRENDICES de BRUXA

Conta a historia, alomenos a apócrifa, que Merlín tiña dous aprendices de brux@.

 

Unha delas era muller e pelexaría co aprendiz principal polo legado dos poderes.

 

A maior liorta máxica por unha herdanza, que non inclúe terras, ferrados ou marcos movibles.

 

CALDEIRADA de LINGUA     (Maxia con prebe de lingua)

Espectáculo de ilusionismo-lingüístico, humor e participación do público,      fervido   a lume lento. Unha caldeirada máxica, na que esmorecerán os escuros agoiros para a nosa lingua, coa invocación do: “Conxuro da Caldeirada”.

 

Amais, contaremos coa axuda dos nosos alcumes e unha manchea de ingredientes para saborear unha cultura propia cunha lingua de seu.

ASOMBROS de RÚA

Un camión escenario "aparecerá" na praza da vila, e tanto el coma 200       cadeiras completarán o espazo escénico ao aire libre.

 

Un teatro móbil, con toda a produción técnica, cheo de asombros, ilusións, humor, participación do público etc., dará forma e esculpirá estes   asombros  de rúa...baixo as estrelas.

 

LARETANDO nas LAREIRAS       (Maxia con prebe de lingua)

Unha lingua alegre, divertida, contenta e arrufada, que non é apoucada por   nada nin por ninguén, acompañan esta viaxe cara o imaxinario: a maxia da   vogal “a”,    a do “infinitivo conxugado...ou flexionado”, tecen o fío condutor     dun momento  no que ninguén será despedido do seu posto de traballo,        polo feito de usar esa catedral do patrimonio que é posuír unha lingua propia.

O galego sorprende, fascina e emociona cos seus feitizos.

 

MAXIA para EMPRESAS

Conseguir que o seu produto sexa lembrado pola súa clientela é todo un

éxito de venta..

 

A maxia como forma publicitaria consegue enviar unha mensaxe ao longo

de moitos minutos ás mentes d@s espectador@s. Un recordo orixinal e        máxico do seu produto é un pretexto para estimular o interese comercial          pola súa empresa.

MAXIA de PRETO:  "Non  pode ser"

Maxia para grupos reducidos de xente, con elementos coma: naipes, moedas, billetes, gomas, dados etc.

 

 

A arte do imposible a moi pouca distancia. Diversos galardóns a nivel nacional, acreditan deste espectáculo: pequeno en tamaño pero grande en emoción.

MUSEOS: VISITAS MÁXICAS

As visitas máxicas guiadas transforman unha típica visita, nunha experiencia atractiva, concedéndolle un compoñente máxico e didáctico para sorprender.

 

Grazas ó/á guía-mag@, @s asistent@s percorrerán o camiño deseñado, atopándose con sorpresas nas salas, no vestíbulo, no mobiliario, na exposición etc.

 

FÓRA  DE CARTAZ

TRANSFORMANDO O PRESENTE

Maxia, música, efectos sonoros e emocións visuais para alterar a actualidade.

 

Cordas, cadernos, asentos que cobran vida, sorpresas a dúo, humor,   participación do público...e un baixo eléctrico, proxectan situacións fóra do común en Clave Fantástica.

CORCHEAS, SEMIFUSAS e ILUSIÓNS

                            UNHA OBRA MÁXICA e MUSICAL

Unha obra máxica, musical e teatral composta en "clave de fa": fabulosa, fascinante e fantástica.

 

Ilusións sonoras cás partituras, os micrófonos ou as cordas da guitarra. Espectáculo para escoitar, ver e asombrarse, con Álvaro Muras,

Julio Cuns, Bruno Couceiro, A Maga Fani  e Martín Camiña.

A OUTRA REALIDADE

              UN PERCORRIDO MÁXICO A TRAVÉS DA CIENCIA

Unha produción a través da ciencia, da historia e do humor, grazas ao          Laboratorio Itinerante da Outra Realidade.

 

Mag@s que pensaron en imposibles, coma Leonardo Da Vinci, Marie Curie, Arquímedes, Einstein ou Newton, estarán presentes no espectáculo....xunto a Xoque Carbajal, Marta Quintana, A Maga Fani  e Martín Camiña.

bottom of page