Martín Camiña ILUSIONISTA
Premio Nacional de Maxia - Donostia
Premio Congreso Almussafes - València
Premio Asoc. Portuguesa de Ilusionismo - Algarve
DIRECCIÓN MÁXICA " I N V E N T I O "
Maga Fani
UNHA LARETADA de ABRAIOS
Unha tarde ben xeitosa cun ilusionista da morea,...do montón, mais, do montón bo, para achegarnos unhas maxias recentemente sacadas da faldriqueira.
Unha algueirada harmónica, para crear un chamamento ao trouleo.
Asemade, agradeceremos con fervor ás persoas que non acudan á función a súa colaboración: se chegaren vir todas, alí dentro non colleriamos.
No entanto, a concorrencia presente pasa formar parte do elenco do espectáculo, nunha sarabiada de maxia, humor e público facendo cambadelas ao tempo dun feixe de ilusións.
ILUSIONISTA GUIÓN
Martín Camiña Maga Fani e Martín Camiña
DIRECCIÓN COBERTURA TÉCNICA
Maga Fani Escóitame Producións
DESEÑO ILUMINACIÓN TÉCNICO ILUMINACIÓN
Ángel Modia Chiqui
TÉCNICA DE SON VESTIARIO
Isa Producións Herméticas
IR A ESPECTÁCULOS
IR A INICIO
Maga Fani
Martín Camiña


