LINGUADO PAÍS. (Maxia con prebe de lingua)
Un espectáculo máxico-lingüístico para lembrarlle ó google que aquí non sabemos onde están: Arteijo, Mugía, Rianjo nin Sangenjo.
Un espectáculo cheo de sorpresas, participación do público, e tamén cheo de: axóuxeres, lixivias, bolboretas, beizos, garabatas, gravatas, cóxegas, meigallos, folerpas...en resumo, un espectáculo máis abraiante que escoitar galego no centro da Coruña.
ENCANTAMENTOS a COR
Maxia, humor e participación do público, percorrendo todo o espectro óptico das fantasías e ilusións.
Espectáculo para experimentar sensacións fascinantes, cheo de gargalladas, colaboración da concorrencia, moita luz e claridade.
IGUALDADE, ONDE ESTÁS?
Novo espectáculo de Fani Triana en defensa da igualdade a través da maxia.
A protagonista desta historia nace un 8 de Marzo de 1975. Considerando este feito a súa nai un claro sinal dunha misión, decide chamala Esperanza...“Esperanza Marzal”.
Espectáculo cheo de ilusións, moito humor e participación do público, para tentar expor non só as desigualdades cotiás e históricas, senón tamén a importancia de erradicalas traballando non ámbitos da educación e a cultura.
FALO porque me PETA. (Maxia con prebe de lingua)
Atopámonos no ano 108 d.CE. (despois de Celso Emilio) ou ano 2020 nalgunhas civilizacións.
Unha viaxe escénica, máxica e lingüística percorre cada recanto do país, amosando a marabilla de posuír un “Monte Pindo” de fala propia, nun espectáculo de ilusionismo máis sorprendente que atopar un programa cultural na televisión.
Novos FEITIZOS e novas ILUSIÓNS
Espectáculo de maxia, humor e participación cheo de intres fascinantes, que pretende concienciar ó público, con cordas, cartas, panos etc., á devolución das esculturas a súa lugar de orixe: ás rotondas...... e a implantación de máquinas expendedoras de empanadas.
Tamén plantexará unha das grandes preguntas da humanidade:
que haberá despois de "Luar"?.
"ERIC PLANCTO" QUIXO SER GAITEIRO. (Maxia con prebe de lingua)
Cando “Eric Plancto” resolve ser gaiteiro e falar coa fala de quen toca a gaita, sorpréndese das situacións a superar para acadala.
Porén, empeza unha viaxe de coñecemento, pescudando a verdadeira identidade da nosa terra
Espectáculo de maxia, humor, defenda das nosas tradicións, música de gaita ao vivo en diferentes intres e participación do público.
En resumo, un espectáculo para estarmos fachendos@s do que somos.
MAXIA pola IGUALDADE
A nosa protagonista chega a casa despois dunha xornada longa de actividades.
Coma a todas as mulleres, o día non remata chegando ó fogar.
A "Igualdade" creará fantasías cá louza da cociña, vasoiras, roupas, nivelará o soldo para todas as persoas e rematará cunha exposición de forza física e mental: a mesma forza que durante décadas levan amosando as mulleres en prol dos seus dereitos fundamentais.
ASOMBROS de RÚA
Un camión escenario "aparecerá" na praza da vila, e tanto el coma 200 cadeiras completarán o espazo escénico ao aire libre.
Un teatro móbil, con toda a produción técnica, cheo de asombros, ilusións, humor, participación do público etc., darán forma e esculpirán estes asombros de rúa...baixo as estrelas.
LARETANDO nas LAREIRAS. (Maxia con prebe de lingua)
Unha lingua alegre, divertida, contenta e arrufada, que non é apoucada por nada nin por ninguén, acompañan esta viaxe cara o imaxinario: a maxia da vogal “a”, a do “infinitivo conxugado...ou flexionado”, tecen o fío condutor dun momento no que ninguén será despedido do seu posto de traballo, polo feito de usar esa catedral do patrimonio que é posuír unha lingua propia.
O galego sorprende, fascina e emociona cos seus feitizos.
MAXIA para EMPRESAS
Conseguir que o seu produto sexa lembrado pola súa clientela é todo un
éxito de venta..
A maxia como forma publicitaria consegue enviar unha mensaxe ao longo
de moitos minutos ás mentes d@s espectador@s. Un recordo orixinal e máxico
do seu produto é un pretexto para estimular o interese comercial pola súa empresa.
MAXIA de PRETO
Maxia para grupos reducidos de xente, con elementos coma: naipes, moedas, billetes, gomas, dados etc.
A arte do imposible a moi pouca distancia. Diversos galardóns a nivel nacional, acreditan deste espectáculo: pequeno en tamaño pero grande en emoción.
MUSEOS: VISITAS MÁXICAS
As visitas máxicas guiadas transforman unha típica visita, nunha experiencia atractiva, concedéndolle un compoñente máxico e didáctico para sorprender.
Grazas ó/á guía-mag@, @s asistent@s percorrerán o camiño deseñado, atopándose con sorpresas nas salas, no vestíbulo, no mobiliario, na exposición etc.
FÓRA DE CARTAZ
TRANSFORMANDO O PRESENTE
Maxia, música, efectos sonoros e emocións visuais para alterar a actualidade.
Cordas, cadernos, asentos que cobran vida, sorpresas a dúo, humor, participación do público...e un baixo eléctrico, proxectan situacións fóra do común en Clave Fantástica.
CORCHEAS, SEMIFUSAS e ILUSIÓNS
UNHA OBRA MÁXICA e MUSICAL
Unha obra máxica, musical e teatral composta en "clave de fa": fabulosa, fascinante e fantástica.
Ilusións sonoras cás partituras, os micrófonos ou as cordas da guitarra. Espectáculo para escoitar, ver e asombrarse, con Álvaro Muras,
Julio Cuns, Bruno Couceiro, Fani Triana e Martín Camiña.
A OUTRA REALIDADE
UN PERCORRIDO MÁXICO A TRAVÉS DA CIENCIA
Unha produción a través da ciencia, da historia e do humor, grazas ao Laboratorio Itinerante da Outra Realidade.
Mag@s que pensaron en imposibles, coma Leonardo Da Vinci, Marie Curie, Arquímedes, Einstein ou Newton, estarán presentes no espectáculo....xunto a Xoque Carbajal, Marta Quintana, Fani Triana e Martín Camiña.